Mellorada a potabilización e perda de auga da traída de Pepito en Rianxo

05 Setembro 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou hoxe as actuacións levadas acabo co apoio da Xunta, nas que se investiron máis de 12.000 euros para realizar melloras na potabilización e evitar perdas de auga nas infraestruturas da Comunidade de Usuarios da Traída de Augas de Pepito. O
delegado da Xunta subliñou que esta entidade tamén recibirá este ano outros 13.000 euros para seguir realizando actuacións a prol da mellora da autoxestión e das infraestruturas da súa traída.
Na súa visita, Gonzalo Trenor, puido comprobar a utilidade destes apoios para optimizar a xestión da auga a nivel comunitario. O delegado da Xunta lembrou que esta orde vai dirixida a asociacións veciñais, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais e resaltou que este ano incrementou o seu orzamento nun 20% con respecto ao 2021, ata acadar os 3 millóns de euros. O reforzo encádrase na aposta da Xunta polo asociacionismo veciñal e a xestión conxunta de bens e servizos por parte da poboación galega.
Concretamente, segundo informou o representante do Goberno galego, na comarca de Barbanza apoiáronse no 2022 a tres comunidades de usuarios de augas a de Xuño en Porto do Son, a de Corrubedo en Ribeira e da de Pepito en Rianxo, cun importe de 42.000 euros para optimizar as súas infraestruturas Trenor lembrou que este investimentos poden ir destinados ao acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e á compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades. Ademais, son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento.

A XUNTA COLABORA COA COMUNIDADE DE USUARIOS DA TRAÍDA DE AUGAS DE PEPITO EN RIANXO PARA MELLORAR A POTABILIZACIÓN E PARA EVITAR PERDAS DE AUGA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.