McDonald’s empeza a construción en Ribeira do seu novo restaurante

17 Setembro 2022

McDonald’s iniciou as obras das súas novas instalaciónsen Ribeira nunha parcela próxima á gasolineira de baixo custo e pegada á rotonda do final da Autovía do Barbanza en Xarás, onde proxecta abrir un restaurante a partir do próximo Nadal no que xerarían ao redor de 40 postos de traballo.

Os terreos nos que leva a cabo a construción do restaurante desta cadea está sitúada nunha parcela da leira da Soledad, nun cruzamento de estradas ao final da Autovía do Barbanza e da estrada AC-550 (Cee-Ribeira), así como moi preto do polígono industrial de Xarás.

A superficie do edificio construído roldará os 300 metros cadrados, cun salón con capacidade para ao redor de medio centenar de persoas, e está previsto que tamén dispoña dunha terraza e un amplo aparcamento. Terá un espazo ao estilo bufé -McCaf. Ademais dos servizos habituais do restaurante, contará con kioskos dixitais e servizo en mesa, así como McAuto, podendo acudir co coche para recoller a compra, e McDelivery, é dicir, con entrega a domicilio en 30 minutos. E tamén contará cunha zona de xogos para os máis pequenos, que tamén dispoñerán dunha zona de mesas e cadeiras adaptadas á súa estatura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.