Malasombra leva a súa comedia dramática Sós a Porto do Son (na Casa da Cultura o día 8)

29 Setembro 2022

A Casa da Cultura de Porto do Son acolle o vindeiro 8 de outubro a representación do espectáculo Sós, de Malasombra Producións, unha función abeirada á axenda de Cultura da Deputación da Coruña, en colaboración co Concello. Trátase dun drama humorístico (ou unha comedia dramática) para público adulto (a partir de 14 anos), que aborda temas como a vellez, a convivencia e a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

En concreto, conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que ven obrigados polas circunstancias a compartir piso. Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes, polo que a súa convivencia non vai ser fácil, aínda que non lles vai a quedar máis remedio que aprender a tolerarse.

Elenco: Marcos Orsi e Jouse García

Autor: Jose Prieto

Dirección: Xoque Carbajal e Jose Prieto

Escenografía: Kukas

Vestiario: Diego Valeiras

Produción: Esther Aja

Deseño gráfico: Miguel Carbajal T.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.