Luns, con nubes e chuvascos localmente treboentos

11 Setembro 2022

Este luns festivo local en Santa Uxía de Ribeira, estaremos baixo a influencia dunha borrasca que se situará moi preto de nós, fronte á costa de Portugal. Con esta situación, agárdanse ceos con moitas nubes e chuvascos localmente fortes e treboentos, menos probables ou frecuentes canto máis ao nordés. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas sufrirán un descenso de lixeiro a moderado no interior e permanecerán sen cambios significativos en puntos costeiros. O vento soprará de compoñente sur, forte no litoral oeste e nas zonas altas e moderado, con refachos fortes, no resto, coa excepción do extremo norte.

meteogalicia

Semana con chuvascos e regresa o sol e a calor a partir do xoves:

O NOSO MAR: Vento do sueste á mañá e á noite e do sur á tarde, forza 4 a 6 á mañá, 5 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:013.8 m
Baixamar12:040.4 m
Preamar18:194.1 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:543.7 m
Baixamar11:540.5 m
Preamar18:104.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:583.8 m
Baixamar11:590.4 m
Preamar18:154.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...