Luís Ruiz e Dores Torrado reciben ao Club de Piragüismo Rías Baixas logo da súa meritoria participación en Racice

08 Setembro 2022

O tenente de alcalde, Luís Ruiz, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, recibiron este mércores 7 de setembro ao Club de Piragüismo Rías Baixas logo do seu regreso da localidade checa de Racice, onde participou no campionato do mundo na modalidade de Dragon Boat.

O equipo tivo oportunidade de mostrar as medallas acadadas e contar aos concelleiros como foi a súa experiencia nesta competición.

O conxunto boirense acadou dúas medallas de bronce na competición, sendo as primeiras medallas que un equipo español logra nesta modalidade. O tenente de alcalde e a concelleira animáronos a seguir practicando esta modalidade e colleitando éxitos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.