Lousame recupera a tradicional Homenaxe a Prudencio Romo coas bandas de música de Lousame, Rianxo e Cee

15 Setembro 2022

A banda de música de Cee, a banda de música de Rianxo e a banda de música de Lousame protagonizan a décimo cuarta Homenaxe a Prudencio Romo, que terá lugar este domingo 18 de setembro, ás 18:00 horas, no campo da Festa de San Roquiño. Un festival que foi presentado esta mañá en Lousame pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo; o director da Banda de Música de Lousame, Fernando Froján; a presidenta da Asociación Prudencio Romo, Isabel Molares; e os técnicos de Cultura lousamiás, Eduardo Agraso e Teresa Baluja.
“Decidimos participar activamente na organización desta edición, na que retomamos o programa de tres bandas”, explicou o técnico de Cultura, Eduardo Agraso, destacando que participan grupos da zona, co obxectivo de fomentar a cultura. Así a colaboración entre as bandas e o Concello foi crucial para levar adiante o evento, tras dous anos de parón pola pandemia sanitaria.
Un programa atractivo e ameno
Con pasodobres ou sons de mambo, o programa deste domingo consta de música de altos grados que “seguro vai gustar ao público”, asegura Fernando Froján, director da banda de música de Lousame. Trátase de “buscar obras que sexan atractivas e non demasiado largas para que a veciñanza goce do espectáculo”. Entre eses temas que se interpretarán este domingo figuran dende o “Mambo 5”, “La Bamba”, “Tequila” ou a banda sonora de “La la land” a temas máis clásicos como a Marcha Eslava de Tchaikovsky.
Silvia Agrafojo animou a pequenos e grandes a vir este domingo e “empaparse da música e da cultura” nesta homenaxe a Prudencio Romo. De feito, agardan que o bo tempo acompañe esta celebración para comezar a traballar xa na seguinte edición, que será a número quince.

Lousame recupera a tradicional Homenaxe a Prudencio Romo 

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.