O Concello de Lousame repartirá 175 novos composteiros e instalará os primeiros centros de compostaxe comunitaria

08 Setembro 2022

O Concello de Lousame vén de poñer en marcha un novo programa de compostaxe no que repartirá de balde entre a veciñanza un total de 175 composteiros domésticos e instalará os que serán os primeiros centros de compostaxe comunitaria. Así mesmo, adquirirá unha biotrituradora móbil que “permitirá xestionar a elevada cantidade de restos de poda que se xeran en todo o termo municipal, contribuíndo a reducir as queimas”, sinalaron fontes do Consistorio, engadindo que estas actuacións abéiranse á convocatoria 2020 das axudas do Plan de impulso ao medio ambiente (Plan PIMA) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

O financiamento obtido a través desta convocatoria permitirá cubrir o 80% do custe total do programa de compostaxe deseñado polo Concello de Lousame, o resto será asumido con fondos propios.

Dende o Consistorio engaden que a adquisición destes equipamentos completarase co desenvolvemento de accións formativas e informativas sobre os beneficios da compostaxe e o uso dos recipientes domésticos e comunitarios. Neste senso, o Concello comezou a desenvolver esta campaña informativa este mércores 7 de setembro, coa celebración dunha xuntanza no local social do Sanguiñal na que participaron medio cento de veciños e veciñas. Unha reunión que se repetirá este xoves 8 ás 20:00 horas, nas mesmas instalacións municipais.

Así mesmo, todos os veciños e veciñas de Lousame que estean interesadas en solicitar o seu composteiro deberán poñerse en contacto co Concello para inscribirse no programa de compostaxe. “Ademais de recibiren o recipiente de forma totalmente gratuíta, as persoas inscritas recibirán unha formación sobre a súa montaxe e uso”, sinalaron fontes do Goberno local, engadindo que está prevista a realización dunha visita de seguimento a cada unha das vivendas obxecto de actuación do programa. Esta visita está programada para realizarse no próximo outono e, durante o transcurso da mesma, o persoal técnico responsábel do proxecto resolverá as incidencias detectadas, así como as dúbidas que se lle formulen dende a veciñanza.

Por outra banda, o Concello de Lousame está a seleccionar a localización dos tres centros de compostaxe comunitaria que se instalarán. En principio, prevese que os principais usuarios destes centros sexan os grandes produtores de restos de comida no municipios, tales como o CPI Cernadas de Castro e restaurantes.

O tenente de alcaldesa de Lousame, Ramón Martínez, asistiu á reunión deste mércores 7 de setembro no Sanguiñal e explicou que “todas estas accións perseguen o obxectivo de mellorar a xestión dos residuos orgánicos domésticos que se xeran en Lousame, así como avanzar no cumprimento dos obxectivos de reciclaxe impostos pola normativa actual”. Ademais, indicou aos veciños e veciñas presentes que “o uso da compostaxe leva asociados importantes beneficios ambientais, entre os que cabe destacar a recuperación dos nutrientes presentes nos residuos e a súa transformación en compost, un fertilizante natural que podedes empregar nos xardíns e hortas”.

Outros artigos

PSdG e Marea de Noia levan o Orzamento local ao Xulgado

Manuel Seijas da Marea de Noia e Francisco Pérez do Partido Socialista veñen de anunciar que presentaron recurso ante Xulgado do Contencioso Administrativo contra a aprobación final do Orzamento local relativo ao ano 2024. Segundo o voceiro do PSdG -PSOE de Noia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...