Lousame convoca a 20ª edición do Programa “Activa-Mente”, para maiores de 60 anos

22 Setembro 2022

Os obradoiros darán comezo en outubro, cunha sesión semanal nos locais sociais de Aldeagrande, Cruído, Sanguiñal, Escabia, Vilacoba e Camboño. A inscrición é de balde e estará aberta durante todo o curso 22 de setembro de 2022.- A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lousame convoca o Programa “Activa-Mente”, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades dirixidas a manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. Unha iniciativa que este ano cumpre o vinte aniversario da súa posta en marcha.
A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, explica que o obxectivo deste programa é “mellorar a calidade de vida dos nosos maiores exercitando a súa memoria para así previr ou retardar a aparición do deterioro cognitivo, ao tempo que se promove a xuntanza destas persoas para recordar o que xa saben e seguir aprendendo cousas novas”. Unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Apertura en outubro
Os obradoiros abrirán as súas portas o próximo mes de outubro e as clases impartiranse todos os martes nos locais sociais do Sanguiñal (10:00 horas), Aldeagrande (11:30 horas), Vilacoba (16:00 horas) e Escabia (17:30 horas); así como os mércores en Cruído (10:00 horas) e Camboño (11:30 horas). As sesións terán lugar ao longo dunha hora e para formar grupo será necesario un mínimo de 5 persoas participantes.
O Programa “Activa-Mente” está aberto a todos os veciños e veciñas de Lousame maiores de 60 anos. A inscrición é totalmente de balde e pode facerse en calquera momento do ano nos Servizos Sociais de Lousame, chamando ao 981 820 494 ou por WhatsApp no 689 126 385.
“Dende o Concello animamos a todas as persoas maiores de Lousame a que veñan participar nesta actividade pois notarán que mellora moito a súa calidade de vida”, apunta Silvia Agrafojo.
As clases inclúen actividades para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, as funcións executivas, o cálculo ou a linguaxe. Unhas áreas que se traballan mediante dinámicas

Outros artigos

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na...

+

Arrancou en Portosín o Campionato de España ILCA Master

O Campeonato de España ILCA Máster arrancou este venres en Portosín cunha xornada marcada polas dificultades meteorolóxicas na ría de Muros e Noia. A ausencia de vento estable impediu completar manga ningunha, tras máis de sete horas de espera no campo de regata....

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.