I Xuntanza mariñeira Mar de Cabo

01 Setembro 2022

A Asociación cultural A GAMELA, vai organizar un encontro ao redor das embarcacións tradicionais e a cultura marítima os vindeiros 2 e 3 de Setembro en Cabo da Cruz.

A asociación continúa así co seu constante traballo a prol da recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo tradicional no que ten acadado fitos como a organización do XII encontro de embarcacións tradicionais de Galicia ou a recuperación de tres embarcacións tradicionais como son as gamelas do Cabo da Cruz “Esperanza Libertade” e “Nova Esperanza” e a buceta “Pialla”.

O encontro desta fin de semana, no que participarán embarcacións e asociacións do Grove, A Illa de Arousa, Ribeira e a Serra de Outes entre outras, ten o seguinte programa:
Venres 2
 18:00h. RECEPCIÓN DAS EMBARCACIÓNS PARTICIPANTES
Porto Náutico de Cabo da Cruz
 20.00h. PRESENTACIÓN DA REVISTA ” NOVA ARDENTÍA ” Nº 14
Mesón Abadía de San Enrique, na que participan:
Gerardo Triñanes
Emilio Xosé Insua
Antón Mascato
Manuel Lara
Isolina Lorenzo
María Outeiral _ Concelleira de Cultura do Concello de Boiro, administración colaboradora.
 22:00 CONCERTO: “BOROA “
No Mesón Abadía de San Enrique

Sábado 3
 11:00 HOMENAXE ÁS BUCETAS
_Regata de bucetas a remos
_Navegación libre “Proa á Bensa”
 14:00 VERMÚ NA BATEA
Vermú amenizado por grupo tradicional e coa participación do poeta e mariñeiro Xosé Iglesias
 18:00 MARIÑEIRA DA POPULAR
No clube de Remo do Cabo da Cruz
_Obradoiro de nós mariñeiros
_Exposición en seco das gamelas da asociación: “Esperanza Libertade” e “Nova Esperanza”
_Obradoiro para a rapazada “Largando por couso”: “Aparellamento das gamelas e izado de
velas”
_Xogos tradicionais
 21:00 PAELLA E FOLIADA
De mans do gran mestre paelleiro “Ollero” e os seus fieis colaboradores, mestres paelleiros:
Xocas, Parada e Valente.
Música tradicional a cargo do grupo Nunca é Tarde.
 22:00 CONCERTO: “BLUES DO PAÍS”

A Gamela Cabo da Cruz

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.