Francisco Martínez López reivindica en Rianxo a loita antifascista coa presentación do seu libro “Caminos de Resistencia”

20 Setembro 2022

O sábado 24 de setembro, ás 18.00 horas, desenvolverase no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Caminos de Resistencia de Francisco Martínez López, El Quico, no marco do XII Seminario sobre a Memoria.

Francisco Martínez-López, nado no Bierzo en 1925 nunha familia republicana de campesiños e mineiros, é un dos últimos sobreviventes da guerrilla antifranquista, da que formou parte durante a súa mocidade no movemento que actuou en León-Galicia. É un dos grandes divulgadores e activistas actual da memoria histórica e antifascista española, labor que desprega a través de encontros en institutos, colexios, universidades, casas da cultura e colectivos asociativos locais. A súa actividade segue centrándose hoxe en día na loita contra a desaparición das referencias á resistencia á ditadura.

No acto en Rianxo está prevista a presenza do autor, do escritor e profesor local Xosé Ricardo Losada, do xornalista e activista pola memoria Fernando Salgado e do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.