Éxito da xira polos hórreos de Rianxo

04 Setembro 2022

Medio centenar de persoas participaron este sábado en Rianxo no roteiro guiado que organizaron o Concello e a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) para coñecer tres dos hórreos máis singulares do municipio e que figuran entre o quince máis longos do mundo, así como o Campo dás Graneiras de Meiquiz en Leiro, onde chegou a haber un conxunto de nove dos que quedan só seis.
A seguinte parada foi ante o hórreo da Casa Reitoral de Isorna, de 24,50 metros de lonxitude, que data de 1805 e a cuxo lado se conserva unha superficie de pedra levantada que se utilizaba para a malla ou para que o vento limpase o cereal.

O itinerario continuou cara ao hórreo da Casa Reitoral de Araño, de finais do século XVIII. Con 37,05 metros de lonxitude, é o máis grande do mundo, e tamén o de maior capacidade. A última parada foi no do Pazo de Rianxiño (ou Pazo de Viturro), que mide 24,70 metros. É tamén o máis grande construído integramente en pedra.

En total, os participantes realizaron un roteiro duns 20 quilómetros e o guía foi o arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto, presidente de Apatrigal .

remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.