O martes, Galicia continuará afectada pola borrasca localizada ao oeste, co seu centro preto da costa atlántica. Esta situación vai provocar moita inestabilidade atmosférica, polo que a xornada transcorrerá con ceos nubrados e chuvascos puntualmente fortes e localmente acompañados de aparato eléctrico, máis xeneralizados pola tarde. As temperaturas terán poucas variacións. O vento soprará de compñente sur, forte no litoral oeste e en zonas montañosas.
Atención para martes:
Chuvascos puntualmente fortes, con posibilidade de vir acompañados de aparato eléctrico. Vento forte do sur no litoral oeste e zonas montañosas.
O NOSO MAR: Vento do sueste á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 5 a 7 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Media vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:26 | 0.4 m |
Preamar | 06:40 | 3.7 m |
Baixamar | 12:40 | 0.5 m |
Preamar | 18:58 | 3.9 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:20 | 0.5 m |
Preamar | 06:31 | 3.7 m |
Baixamar | 12:33 | 0.6 m |
Preamar | 18:49 | 3.8 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:24 | 0.4 m |
Preamar | 06:35 | 3.7 m |
Baixamar | 12:37 | 0.5 m |
Preamar | 18:53 | 3.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)