O Concello de Boiro convocou un pleno extraordinario da Corporación para o vindeiro venres 30 de setembro de 2022 ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle municipal de YouTube.
Orde do día da sesión:
1. Aprobación, se procede, do ditame de participación no POS+ Adicional e aprobación do proxecto para a ampliación de salas fitness no complexo deportivo da Cachada.
2. Aprobación inicial, se procede, do ditame do crédito extraordinario núm. 5/2022, proxectos culturais e educativos.
A Xunta declara a situación de seca prolongada en toda a demarcación de Galicia-Costa pola falta continuada de choivas. Barbanza, Muros-Noia, Arousa e Santiago entre elas
A medida non supón restricións automáticas no consumo, que continúan supeditadas aos niveis de escaseza de cada concello. Un total de 123 municipios contan con afectacións parciais ou totais: 32 permanecen en alerta e 91 en prealerta, mentres a conca do río Grande sae...



