Dúas persoas resultaron feridas leves despois de saírse, a apsada madrugada co seu coche da vía na AC-550, á altura de Eiravedra.
Ata o lugar acudiron bombeiros de Ribeira e Boiro, GES de Noia, Garda Civil, Protección Civil e unha ambulancia do 061 que trasladou aos dous feridos ao hospital. Aínda que se cría que non podían saír do vehículo e debían ser excarcerados, finalmente puideron saír polo seu propio pé.




