Domingo chegan as chuvias

03 Setembro 2022

O domingo unha borrasca situada ao norte achega unha fronte fría activa que tocará terra ao a partir de media tarde.

Comezaremos a xornada con ceos cubertos na comarca, xa con algunhas chuvias no litoral, Durante a tarde irán entrando as nubes baixas a toda a Comunidade, con chuvias máis intensas na costa.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur con intervalos fortes no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 16° 24°
Temperatura da auga (°C) 16°
Índice ultravioleta máx. 5
meteogalicia

O noso mar: Vento do sur, forza 5 a 6. Forte marusía. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1 a 1.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar04:041.3 m
Preamar10:312.9 m
Baixamar16:461.3 m
Preamar23:132.8 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar03:571.3 m
Preamar10:242.9 m
Baixamar16:401.4 m
Preamar23:092.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar04:001.3 m
Preamar10:292.9 m
Baixamar16:431.3 m
Preamar23:102.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.