Correos ampliou a súa frota de vehículos ecolóxicos coa incorporación en Boiro de 2 novas motos eléctricas. As motocicletas xa están dispoñíbeis para os carteiros e carteiras que traballan nestas instalacións, para realizar a repartición de proximidade, segundo informou a empresa, engadindo que o modelo de vehículo de dúas rodas CargoPro conta con autonomía máxima de 120 quilómetros e pode incorporar un baúl de gran capacidade (de até 180 litros) e inclúe servizos de telemetría e xeolocalización, co envío de alertas co fin de que o funcionamento sexa seguro e eficiente.

A incorporación destas motos responde á “aposta pola mobilidade sustentábel de Correos para o reparto na última milla, coa progresiva incorporación de vehículos eléctricos á súa frota”. Para finai des 2022, a empresa contará cun total de 2.700 vehículos ecolóxicos (preto de 2.400 vehículos eléctricos e máis de 300 híbridos), o que converte este equipamento nun dos maiores de motos eléctricas e de cero emisións do sector da distribución en España.