“Comer menos e mellor”. Luís Celeiro

01 Setembro 2022

Acordábase de cando na súa xuventude, ela e as outra mulleres como ela querían estar máis brancas e menos fracas. Ían á sega e aos traballos do agro con sombreiro e pano tapando a cara e o corpo para seguir coa pel branquiña, que era como gustaba, como lucía e como namoraba. Os homes tamén querían estar brancos e gordos, dous sinais inequívocos de felicidade e de saúde. Dous motivos para gustar e para facer ver que eran de casa boa.
Os mariñeiros viñan negros do mar, os labregos chegaban do monte coa eixada no lombo, abafados e negros de cavar. E os mineiros, como viñan? Andaban negros como os carboeiros, como a xente pobre que miraba e miraba e non era quen de achegarse á fartura.
A investigadora Saioa López, da Universidade do País Vasco, di que a cor da pel das persoas varía segundo a latitude, de tal forma que os individuos que viven en latitudes máis baixas téñena máis escura, sen esquecer a capacidade de adaptación aos distintos ambientes.
E aí está, todo en proceso de cambio. Os homes e as mulleres pelexando para non engordar.
As persoas fracas e coa pel ennegrecida polo sol e polo ocio, son as de aspecto saudable. Outras engordan, adquiren un peso excesivo e reducen a mobilidade, creando un ciclo vicioso, para mal da sociedade.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) nos seus informes indica que, nos últimos corenta e cinco anos, a obesidade triplicouse en todo o mundo ata chegar a uns dous mil millóns de adultos con sobrepeso e máis de seiscentos cincuenta mil obesos. En 2016 ao redor do 13% da poboación adulta mundial (un 11% dos homes e un 15% das mulleres) eran obesos.
Unha boa parte deles estarán contentos por comer o que queren. E os nenos? Se atendemos aos datos, peor. Moitos morren coa fame e outros, varios millóns deles, teñen máis peso do que lles corresponde ou obesidade. Este mundo necesita unha volta e para darlla hai que partir do respecto aos valores da igualdade e da solidariedade.
En Europa dous terzos das persoas adultas e un terzo dos nenos e nenas viven con moito máis peso do que lles corresponde, mentres as mazás de calidade, as cereixas e as uvas degaxan e cada día pesan menos. Cómpre, pois, como di a Tía Manuela, cambiar os hábitos e os costumes para “comer menos e mellor”. Segundo a OMS hai que facer frecuentemente exercicio físico e ampliar o consumo de froitas e verduras. Que boas son!

Outros artigos

“A tarde-noite-mencida dos transistores e as pilas”. Antón Luaces

Estaban na casa, arrombados, sen pilas, sen uso. Co dial en folga. Esquecidos. Eran os transistores dos avós, que durmían o soño dos xustos gardados na alacena pintada de azul da cociña, nun de cuxos caixóns tamén se gardaba, envolveita en papel de estraza, a navalla...

+

“A realidade pesqueira” – José Manuel Pena

As excesivas importacións de peixes e mariscos sen control; o arcaico sistema de venda e comercialización de determinadas especies, principalmente dentro do sector da baixura; o pésimo funcionamento e a carencia de miras cara ao futuro dalgunhas organizacións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Difícil para el sucesor” – Manuel Domínguez

“Difícil para el sucesor” – Manuel Domínguez

El Papa Francisco deja difícil camino  a su sucesor, el listón lo deja bien alto. El papa a través de la Monjita Jeanningros, que rompiera el protocolo, con la que mantenía una relación desde la Argentina, ya que ella le reclamo, y le envió carta censurándole,...