Cáritas celebrou as súas vodas de ouro en Noia

10 Setembro 2022

A historia de Cáritas Noia empezou en 1972 e neste 2022, cumpre os seus 50 anos. Os seus actuais responsables, con Juan Carlos Pérez á cabeza, quixeron darlle ao botón de pausa este venres para lembrar a longa historia solidaria na vila e reunir a persoas e institucións que estiveron ao pé do canón.
O lugar elixido para a celebración foi a igrexa de San Martiño, para empezar cunha eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, que quixo mostrar “o seu agradecemento a tantas persoas que ao longo de 50 anos foron capaces de expropiarse de si mesmos para poñerse ao servizo dos demais”. Barrio lembrou que “estamos a vivir un momento no que necesitamos acurtar as distancias entre nós, porque dese xeito podemos acompañar e sentirnos acompañados: porque a caridade non se pode vivir na distancia”.

Monseñor Barrio mostrouse seguro de que “como San Martín, teremos que dividir as nosas capas, pero sempre dá satisfacción que a metade da nosa capa pode arroupar a aquel que non ten nada. Pero exercer a caridade é dar esperanza a tantas persoas que a perderon ou a viron diminuír na súa vida”. O arcebispo de Santiago animaba ademais aos voluntarios de Cáritas, seguindo o mandato do Papa Francisco, a ser “unha Igrexa en saída”: “non esperedes a que veñan, na medida das vosas posibilidades, saíde ao encontro de tantas e tantas persoas que nos están necesitando”.

Juan Carlos Pérez, director de Cáritas Noia

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...