Boiro propón empregar remanente de tesourería para financiar obras en diversos puntos do municipio

20 Setembro 2022



O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno un expediente de modificación de crédito para facer uso do remanente de tesourería en diversas actuacións. O orzamento total ascende a 214.735,78 euros para financiar un total de cinco actuacións.

Este plan de investimentos implica a reforma dos vestiarios e aceso do campo de fútbol de Valiño, dun importe de 37.076,29 euros; arraxo dos camiños na Arribada, Cespón e no acceso ao CEIP de Escarabote, de 30.434,17 euros; mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas en Cures, A Cuncheira e de Mieites a Cures, actuacións por importe de 59.036,66 euros; urbanización para ordenación do cruce en Triñáns, de 48.396,45 euros; e dotación de pluviais no Sobreiral e cunetas na Poza, por importe de 39.792,21 euros.

“Todas estas actuacións, incluídas neste plan de obras, nacen das demandas veciñais recollidas nos últimos meses, algunhas delas demandas históricas de fai anos”, recoñeceu o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz. Trátase dun plan de obras e actuacións que implica pavimentados e melloras para aumentar a seguridade viaria en núcleos rurais de diversos puntos do municipio.

O que se propón para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno é a aprobación de uso dun total de 214.735,78 euros do remanente de tesourería do ano 2021 para sufragar os custes destas cinco actuacións.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.