Boiro fixo entrega de setenta composteiros a vivendas unifamiliares

23 Setembro 2022

O Concello de Boiro, a través da Concellaría de Medio Ambiente, continúa co programa de compostaxe doméstica que comezou no ano 2019 e no que participan xa máis dun cento de vivendas unifamiliares do municipio. O concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus, asistiu esta tarde á entrega de composteiros e xornada formativa que se realizou no Centro Social de Abanqueiro.
Dende que se iniciou a adhesión a este programa, participan xa mais dun cento de vivendas unifamiliares do municipio, repartidas en todas as parroquias. A experiencia do seguimento que se realiza a estes composteiros durante un ano indica que maior parte dos restos que se depositan son de materia sobrante da cociña, seguido de segaduras de horta. Segundo a información aportada dos usuarios do programa, o emprego de composteiros supón un aforro na xestión de entre 600 e 800 litros de desperdicio orgánico por familia.
Todos os novos participantes deste programa recibiron hoxe unha pequena formación sobre a súa montaxe e uso, así como recomendacións para poder sacarlle o máximo partido. “Este programa, ao que cada ano se suman máis persoas interesadas, ten como finalidade familiarizarse coa autocompostaxe de cara á implantación dos novos contedores e lograr unha xestión máis sostible do lixo”, afirmou o concelleiro.
O Concello de Boiro leva a cabo este programa de compostaxe doméstica mediante unha subvención para a adquisición dos composteiros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda financiada con fondos Next Generation. Todas aquelas persoas que queiran participar poden inscribirse no programa a través do departamento de Medio Ambiente, no enderezo electrónico medioambiente@boiro.org ou no teléfono 981 37 75 85.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

O 31 de decembro deste ano, un martelo de prata ha petar tres veces contra un muro. O tabique caerá, varrerase o cascallo cun ramo de oliveira, e o que onte era parede volverá ser lugar de paso bendecido polo Arcebispo de Santiago. A Porta Santa da catedral de...