Boiro entrega as bolsas a deportistas federados do ano 2021

16 Setembro 2022

O Concello de Boiro fixo esta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro a entrega das bolsas aos deportistas federados do municipio no ano 2021. Na entrega das bolsas participaron o alcalde, José
Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, e o técnico de Deportes, Antón Gallardo.
Esta liña de axudas ten como finalidade promover e difundir aqueles deportes que teñen un carácter individual e que requiren unha dedicación de alto nivel. A contía total das bolsas entregadas é de 7.500 euros, que se dividiron en 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros, 16 bolsas de 150 euros e 16 bolsas de 100 euros, compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade.
O alcalde, José Ramón Romero, ensalzou “o gran traballo que realizan os pais e nais, os clubs deportivos e tamén o departamento de deportes para promover o deporte no municipio”. “Para nos é unha prioridade apostar polo deporte base xa que os rapaces e rapazas, ademais de aprender unha
disciplina deportiva e hábitos de vida saudables tamén se forman en valores”.
recoñeceu o alcalde.
Este ano aumentouse o importe destinado a estas axudas co obxectivo de poder becar a máis deportistas e apostar polo deporte de base nas distintas categorías. As bolsas están destinadas a rapaces e rapazas de entre 9 e 23 anos, dispoñer de licencia federativa e ter participado, na tempada anterior, en campionatos e convocatorias oficias de cada especialidade.
A concelleira de Deportes, Dores Torrado, resaltou a importancia que ten o deporte base, “algo que se ve reflexado nos grandes éxitos que están acadando os nosos deportistas, levando o nome de Boiro a campionatos a todos os niveis e nas distintas disciplinas”. Entre os deportistas becados hai rapaces e rapazas que están a competir ao máis alto nivel dos distintos clubs deportivos do municipio e das distintas modalidades como son o a natación, o taekwondo, piragüismo, remo, voleibol, atletismo…

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...