As Festas da Guadalupe contarán cun completo dispositivo de seguridade e de anti-agresións machistas

06 Setembro 2022

A Policía Local de Rianxo compartiu os detalles do dispositivo programado para garantir a seguridade durante as Festas da Guadalupe que comezan este venres 9 de setembro, e a través do cal porase o foco en combater condutas incívicas e as agresións de índole machista.

A maiores, a Policía Local indicou que “como é habitual habilitáronse unhas cinco mil prazas de
estacionamento para a festa nas zonas portuaria, Punta Fincheira, Rianxiño, Arcos Moldes, Xogo dos Bolos, Tanxil, Carretera, Terreo e a Martela nos puntos de costume”. Habilítanse tamén prazas extraordinarias de estacionamento para persoas de mobilidade reducida na área de influencia da verbena, prazas que chegaran a un número de 30 o venres día 16.

A Policía Local de Rianxo dobrará a presenza habitual nas súas quendas de servizo traballando ademais con axentes doutros concellos en comisión de servizo, que reforzarán o control de tráfico e a seguridade estes días.

En materia de seguridade cidadá coordinouse tamén un dispositivo especial co corpo da Garda Civil de diferentes unidades tales como Unidades Territoriais de Seguridade Cidadá, USECIC, SEPRONA, Servizo
Marítimo, Servizo Fiscal, equipos de Investigación e Agrupación de Tráfico.

Para o control do consumo de alcohol a menores durante todas as festas, e especialmente o luns día 12 (día das peñas), coordinouse un dispositivo coa Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (Policía Autonómica).

A seguridade das festas compleméntase con servizo de ambulancias e médico, bombeiros e protección civil.

A maiores disporase da Caravana Morada, un punto de información e asistencia emprazado no Paseo da Ribeira.

O servizo de taxis verase reforzado coa colaboración de profesionais doutras localidades limítrofes estando previsto tamén o reforzo de autobuses o sábado día 17.

No seu comunicado a Policía Local fai un chamamento á veciñanza e visitantes “para que desfruten das festas, evitando condutas incívicas. Especialmente pregamos que non se usen vasos nin botellas de vidro e non se deposite lixo na zona da verbena para poder gozar plenamente do campo da festa”.

A comisión puxo a disposición dos locais hostaleiros vasos de plástico reutilizábeis para tal fin.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...