As Festas da Guadalupe chegan ao seu remate con actividades para a rapazada

16 Setembro 2022

As Festas da Guadalupe de Rianxo chegan este venres 16 (día infantil) á súa última xornada de actividades. Arrinca a festa cun tobogán acuático xigante e inchábeis na praza Virxe da Guadalupe, amais da actuación de Río Bravo (ás 11h), unha festa da escuma na praza Castelao (ás 13h), unha sesión vermú con Fama e máis inchábeis pola tarde (a partir das 16).

Pola noite haberá gran verbena con Fama, Saudade, Charleston Big Band (ás 22h). Remata a festa cunha troula infantil na praza da Igrexa (ás 23), con A Gramola Gominola e a piscadiscos María Faltri. Á 1.00 será a Rianxeira Infantil. A traca final está reservada para as 2.00 horas con Bengalas e Rianxeira.

Toda a información do programa témola pormenorizada na web das festividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión