As Escolas Deportivas da Pobra veñen este curso con dezasete disciplinas

15 Setembro 2022

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), promove as Escolas Deportivas Municipais para a tempada 2022-2023 cun total de dezasete disciplinas que arrancarán no mes de outubro.

A área municipal dos Deportes oferta educación física base-predeporte e fútbol sala mixto para as crianzas. Coa participación de irmás e irmáns aplicarase un desconto do 50% ó/á segundo/a e será de balde para o/a terceiro/a. Ademais, os horarios poderanse alterar en función das inscricións.

No que respecta ás persoas adultas, as modalidades consisten en ximnasia de mantemento, pilates, camiñadas + estiramentos e actividades para maiores. Anotándose en pilates e outra actividade, o prezo total bimensual será de 30 euros e, a terceira, gratuíta.

As propostas destinadas á rapazada reforzaranse tamén coa colaboración das entidades locais: artes marciais, atletismo, baloncesto, fútbol, patinaxe artística, remo, tenis, tenis de mesa, xadrez, xogos de mesa e tiro con arco.

O período de preinscrición abre ás 10.00 horas do día 21 de setembro. O formulario cuberto deberase entregar no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica. O pagamento efectuarase unha vez confirmada a matrícula.

Máis información na Oficina dos Deportes, situada na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler; no teléfono de contacto 981831545; ou no enderezo electrónico deportes@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...