“As confrarías de pescadores, fundamentais na defensa do sector pesqueiro de baixura” . Antón Luaces

04 Setembro 2022

O vindeiro luns o Diario Oficial de Galicia (DOG) vai publicar a convocatoria dun novo proceso electoral do que sairán os representantes de todos e cada un dos pósitos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como nos órganos provincias e autonómicos: tres provincias (A Coruña, Pontevedra e Lugo) e un de ámbito galego.

Serán un total de perto de 11.000 os socios das confrarías que tomen parte neste proceso electoral en calidade de electores e elixibles. O resultado destes comicios permitirán aos elixidos un mandado de catro anos a partir do 25 de novembro, data na que os novos órganos reitores tomarán posesión para, unha vez constituidos os devanditos órganos, proceder á renovación de cargos das tres federacións provinciais e a galega. Entre estes presidentes non poderá figurar Daniel Formoso que, por xubilación, non pode presentarse á reeleción da federación provincial da Coruña, como tampouco na súa actual condición de patrón maior do pósito de Porto do Son.

Para a conselleira do Mar, Rosa Quintana, as confrarías son “fundamentais tanto para a defensa dos intereses do sector na súa área de influencia como para facer de interlocutores coas distintas administracións, polo que son vitais no día a día dos profesionais do mar”- Unha opinión esta que non comparten bo número de profesionais da pesca de baixura, socios das confrarías, que asisten nese seu día a día a día a un evidente esmorecemento  dos pósitos, entidades de carácter público sen ánimo de lucro que, con máis dun século de vida están nunha situación de absoluta dependencia económica da Xunta (en Galicia) e sen que esta contribúa a facer delas entidades efectivas e dinámica recoñecida para ben do sector pesqueiro galego. Porque unha cousa é dicilo e outra moi distinta asumir que as confrarías existen porque a Consellería do Mar, por exemplo, recoñece o seu labor e ten en conta o que tales entidades propoñen para o ben público en, por exemplo, a explotación pesqueira e mariscadoras.

Tendo en conta o dito segundo o cal  “o falar non ten cancelas”, sería bo que a Xunta contribuira de xeito determinante a lograr que o medio cento aproximado de pósitos existentes en Galicia fosen algo máis que entidades nas que, cada catro anos, se celebran eleccións a patrón maior e xunta directiva para, unha vez tomada posesión dos seus cargos, esquecer qwue son, como mínimo, órganos de consulta que interesan a noin menos de 11.000 familias pescadoras galegas.

Outros artigos

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...

+

“No Lérez, homenaxe a Barriga Verde” – Xosé González Martínez

Xaime Iglesias González, presidente da Asociación Cedofeita, é autor de dúas publicacións de recomendada lectura para coñecer a biografía dunha personalidade popular, pero senlleira na historia da cultura galega da primeira metade do séculos pasado, e de anos anos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...