Arrinca en Ribeira unha nova edición da Aula Galega do Saxofón

26 Setembro 2022

Un curso máis, e xa van quince edicións, arranca a Aula Galega de Saxofón no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira.

Esta actividade, que segundo lembra o Concello, é “única destas características no panorama saxofonístico do ámbito estatal”, conta esta ano cun destacado cartel de profesorado, “o mellor de todas as edicións, tanto cualitativa como cuantitativamente falando”, explicaron dende a área de Cultura.

En canto ao profesorado, Xabier Casal continúa a ser a pedra angular do proxecto que se complementa con saxofonistas de recoñecedo prestixio como Miguel Ángel Lorente, Xavier Larsson, Adrián Pais e Carlos Ordóñez de Arce.

Ademais Roi Barros asistirá de novo como luthier e Hilomi Sakaguchi (unha das pianistas acompañantes de saxofón de máis prestixio internacional) acompañará ao alumnado nas audicións de decembro, marzo e xuño ademais de impartir clases maxistrais de piano.

A Aula arrinca con 15 alumnos e alumnas chegados/as de diferentes puntos da xeografía galega.

Toda a actividade está organizada e coordinada polo profesor de saxofón do conservatorio ribeirense José Fungueiriño.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.