Aprazada a II Carreira-Andaina JEALSA Solidaria

02 Setembro 2022

Con case 400 persoas inscritas, a organización da II Carreira-Andaina JEALSA solidaria decidiu, ante as adversas condicións meteorolóxicas previstas para este domingo, aprazar a realización da proba.
Tras barallar diferentes opcións, a proba trasládase ao domingo 23 de outubro, nos mesmos horarios. “Imos deixar aberta a inscrición a través do portal emesports.es para que poidan seguir sumándose participantes, tanto ás probas deportivas como ao Dorsal 0”, sinalaron dende a organización.

A Sociedade Deportiva Barbantia Roda agradeceu a todos as persoas e entidades que se anotaron como voluntarios para axudar na celebración da proba, así como ao Concello e forzas de seguridade, pola colaboración na preparación de evento. “Démoslle moitas voltas e sopesado todos os factores pero creo que a proba quedaría deslucida pola choiva e o vento”, manifestou Manolo Gómez, presidente da entidade.

Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA, engadiu: “sexamos positivos e pensemos que temos case dous meses para prepararnos mellor fisicamente para a carreira ou para a andaina. Estou segura que seguiremos sumando participantes para ambas as modalidades, así como máis persoas e empresas poderán doar a través do dorsal cero á Fundación Stop Leucemia, que son, á fin e ao cabo, os verdadeiros protagonistas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.