Antonio Pérez doa a Ribeira o seu cadro “Rapeteiros da secada” que se vén de expoñer no Centro Cultural Lustres Rivas

05 Setembro 2022

A exposición de Antonio Pérez “Ribeira, mulleres homes e peixes” vén de pechar as súas portas no Centro Cultural Lustres Rivas e na mañá de hoxe tivo lugar a doazón ao Concello dunha das obras exhibidas, tal e como o artista local anunciara durante o acto inaugural da mostra.
Trátase do cadro “Rapeteiros na Secada”, pintado no 2008 e que representa unha arte de pesca hoxe desaparecida como é a rapeta nun lugar asociado á infancia do seu creador. Antonio Pérez aproveitou para agradecer as facilidades recibidas á hora de levar a cabo esta exposición.
O simbólico acto de doazón contou coa participación, ademais do artista, do alcalde Manuel Ruiz e da concelleira de Cultura María Sampedro. O rexedor municipal agradeceu a doazón desta obra e manifestou que se buscará un lugar importante onde situalo para desfrute da veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.