Estes días imos ter unha boa oportunidade para perfeccionar as nosas habilidades en diferentes modalidades de baile. Poderemos facelo a través de Baila Con Nós, da Asociación Alecrín, un programa de obradoiros gratuítos que se desenvolverá en diferentes entidades públicas, privadas e asociativas da contorna do Barbanza ao longo de mes de setembro, e que terá como obxectivo xeral “a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella”.

Francisco Muñiz será o responsábel da posta en marcha dos dous obradoiros para adultos dos que se compón dito programa: un de Linedance, modalidade de práctica individual, indicado para persoas que desexen una toma de contacto cos diferentes ritmos de baile, tanto latinos coma modernos; e outro de Bailes de Salón, modalidade encamiñada á práctica en parella dos ben coñecidos bailes estándar, latinos e tropicais.
As dúas primeiras, logo da presentación na Pobra, serán en Rianxo e en Boiro. Nesta última localidade, a convocatoria arrinca este venres 16 no Centro Cultural e Deportivo (rúa Severo Ochoa).
No caso de Rianxo, a convocatoria está prevista para o venres, 23 de setembro no salón de actos de Cuartel Vello, no 11 da praza Castelao, a partir das 20:00 horas co primeiro destes obradoiros de Linedance; mentres o segundo obradoiro, o de Bailes de Salón, orientado a parellas, desenvolverase de 21:00 a 22:00 horas. Para calquera información pódense dirixir ao Taller Alecrín no Teléfono: 698 150 432.
O programa Baila con Nós é unha iniciativa de balde para entidades públicas, privadas ou asociativas da contorna do Barbanza e Santiago, e dirixida ao público adulto. O obxectivo xeral é a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella nun contexto social e cultural.
Francisco Muñiz, director do programa, é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, xestor cultural, e dende o ano 1986 adícase á difusión e ensinanza do baile a nivel social e deportivo. É membro fundador da recentemente creada Federación Galega de Baile Deporivo (FGBD), e presidente da Asociación Cultural Taller de Danza Alecrín e do Club Deportivo Alecrín.
ENTIDADES CONFIRMADAS 13.09.22
CENTRO CULTURAL E DEPORTIVO BOIRO
Rúa Severo Ochoa, 4-6. Boiro
Venres, 16 de setembro
CONCELLO DE VALGA
Casa da Cultura. Lugar de Paredes, s.n. Valga
Sábado, 17 de setembro
CONCELLO DE RIANXO
Cuartel Vello. Praza Castelao, 11. Rianxo
Venres, 23 de setembro
ASOCIACIÓN AMAS DE CASA DE RIBEIRA
Conservatorio. Rúa Miguel Rodriguez Bautista, 21. Ribeira
Sábado, 24 de setembro
CÍRCULO MERCANTIL DE RIBEIRA
Rúa Mestres Lustres, 20. Ribeira
Domingo, 25 de setembro
ASOCIACIÓN FRANCISCO LORENZO DE AGUIÑO
Aula de Música de Aguiño. Rúa Castelao S/N. Aguiño-Ribeira
Mércores, 28 de setembro
CONCELLO DE PORTO DO SON
Escoa Municipal de Danza. Rúa Jorge Lorenzo. S/N. Porto do Son
Xoves, 29 de setembro
CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DA POBRA
Rúa Castelao, 5. Pobra do Caramiñal
Venres, 30 de setembro
SOCIEDADE FILLOS DE PALMEIRA
Rúa Mt. Lorenzo Mene, 8. Insuela-Palmeira. Ribeira
Martes, 4 de outubro
LICEO MARÍTIMO DE RIBEIRA
Rúa Linares Rivas, 4. Ribeira
Xoves, 6 de outubro