Absolta unha muller acusada de estafar a unha comunidade de montes de Boiro

26 Setembro 2022

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, absolveu a unha muller acusada de estafar á comunidade de montes mancomunados de Montaña, Montaño, Piñeiro e Escobias, no municipio de Boiro. O tribunal tamén a absolveu dos delitos de falsidade e apropiación indebida que lle imputaban.

Os maxistrados indican na sentenza que non hai probas de que a investigada retirase diñeiro da conta da comunidade de montes co obxectivo de lucrarse del.

A disposición do diñeiro da conta corrente requiría a firma do presidente e do tesoureiro e din que “non existe constancia de que a acusada dispuxese de diñeiro da comunidade sen o consentimento nin a autorización do seu presidente e para o seu beneficio persoal durante o período investigado”, é dicir, entre 2005 e 2014.

O tribunal destaca na resolución que “non se practicou unha proba pericial caligráfica que aclare a autoría das firmas” e, doutra banda, indica que “a ausencia dunha contabilidade minimamente rigorosa por parte da comunidade de montes e a forma de pagar a maioría dos traballos e servizos en efectivo” impide “coñecer os traballos realizados e o seu importe”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...