A unidade móbil dos Coidados Porta a Porta chega ao Son a partir deste luns 19 de setembro

18 Setembro 2022

As persoas maiores de Porto do Son poderán facerse de balde unha revisión do oído ou dos pés na unidade móbil do servizo Coidados Porta a Porta (Consellería de Política Social) que se instalará do 19 ao 22 de setembro na zona do parque da vila sonense. Os servizos que se prestarán son:

-Estimulación de memoria cognitiva e funcional, promoción de hábitos de vida saudables e de envellecemento activo.

-Podoloxía. Corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas.

-Audioloxía. Exploración do oído, prevención da perda auditiva.

Para gozar destes servizos as persoas interesadas deben concertar cita previa nos seguintes teléfonos: 622 748 283 – 623 546 992.

Máis información en coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, poñendo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personajillos usureiros, considerados como...

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

O pasado venres 7 de abril a Asociación Etnolóxica ADMR de Castelao ofreceu no pazo Martelo, en Rianxo, unha homenaxe a José María Vicente Somoza, na celebración do 50º aniversario do achado do Casco de Leiro o 7 de abril de 1976. Este día, José María traballaba nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.