A Unidade de Coidados Porta a Porta visita Noia

20 Setembro 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá a unidade móbil do programa Coidados porta a porta situada na praza da Alameda, no concello de Noia. Durante o encontro, sinalou que esta iniciativa leva beneficiado a 17.000 persoas maiores desde o pasado mes
de marzo, cando comezou o seu percorrido por todos os concellos galegos agás as sete cidades.
O programa Coidados porta a porta ofrece servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude para achegar esta atención ás proximidades dos fogares das persoas maiores, de maneira que conten con servizos na súa contorna e poidan seguir vivindo alí onde prefiran.
Antón Acevedo sinalou que para ser atendido en calquera dos autobuses do programa, que continuarán percorrendo todo Galicia, é necesario solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. Nestes momentos, tamén hai unha unidadeno concello de Porto do Son que permanecerá ata o xoves no peirao.
Máis servizos no rural
O director xeral apuntou que o Goberno galego segue apostando por un rural con servizos que ofreza aos seus veciños todas as atencións que poidan necesitar. Neste sentido, lembrou que a Xunta segue reforzando o Servizo de Axuda no Fogar, que leva ás casas de 24.000 galegos a atención dun profesional especializado.
Así mesmo, destacou que se segue ampliando a rede de casas do maior. Estes centros, situados nos concellos menos poboados de Galicia, superan nestes momentos o centenar.
Nestas instalacións, as persoas usuarias manteñan un ritmo de vida activo na súa propia contorna.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.