“A UE fai borralla preto dun milleiro de barcos de pesca do Gran Sol”. Antón Luaces

22 Setembro 2022

Bruxelas ten un plan que antepón á posibilidade de, por el,  levar á ruína a un milleiro de empresas pesqueiras comunitarias que aínda non teñen claro si poderán ou non  facer que a Comisión Europea meta o freo a un “texto legal” (disque) para o que a xustiza da UE tampouco ten -ao parecer- un muro dabondo forte que impida que o noxo que se expande agora mesmo polos países especialmente afectados (España, Francia, Portugal e Irlanda) para os que o veto ás artes de pesca de fondo non ten xustificación nin, moito menos, sentido práctico algún.

Porque que consigue a Unión Europea con este veto, que beneficio tira a Comisión Europea desta carallada complicada organizada por quen nunca na súa vida mollou os fondos dos seus calzóns no salseiro vivo do Gran Sol?

España, Portugal, Francia e Irlanda son, como se di, os países máis prexudicados pola máis que probable expulsión de case que un milleiro de barcos aos que se lles impide faenar con artes de fondo e que terán que amarrar ou seren exportados, cando non despezados. É o que queren os lobbies comunitarios diante dos que todo un sector como é o da pesca nada ou moi pouco pode facer. Só lles queda renderse á evidencia: O 9 de outubro todo estará sentenciado.

A Comisión Europea, se non mudan as circunstancias, expulsará esa frota da que tanto nos gabamos os galegos, frota que mesmo deu nome a “praias” e peixes que nunca a vella Europa pescara nin comera. Unha extensión de 16.419 quilómetros cadrados que se prohibe a eses barcos citados polo simple feito de utilizaren artes de fondo en zonas máis ou menos “sensibles” dos mares oceánicos comunitarios, nos que unha nasa fai dano pero non unha industria mineira ou petroleira. Son zonas vitais para a frota do Gran Sol, e o tempo que ten o Tribunal de Xustiza da Unión Europea para admitir as demandas da frota e a orde cautelar de suspensión desa arbitraria medida é xa tan mínimo, que a segura impugnación de tal decisión anunciada por distintas organizacións pesqueiras e os Estados membros ós que estas pertencen, vai ser auga mollada porque o tempo que queda non deixa marxe de resposta.

Así se “fabrican” os Brexit e euroescepticismos.

Dende a formulación de reservas a tal decisión o sector pesqueiro non ten resposta e os Estados membros carecen de argumentos ante a todopoderosa Comisión Europea que, no prazo de cinco días, pechará as portas ás ilusións de aproximadamente 14.000 traballadores da pesca e preto dun milleiro de empresas pesqueiras que levan dado de comer a moitos millóns de cidadáns comunitarios.

En menos do que canta un galo, a CE deseñou con toda premeditación e aleivosía como facer seus uns caladoiros históricos para os que as voces de determinados colectivos reclamaron a prohibición de pescar porque as artes de fondo estragan o que non hai. E o Tribunal de Xustiza comunitario non tivo tempo de estudar os efectos e as causas para decidir ao respecto malia saber que esa decisión parte dunha irregularidade tal que ata os ecoloxistas se botan as mans á cabeza (agora) e os científicos apelan ao raciocinio alegando que faltan informes para levar a cabo semellante trapallada.

Botar o freo sería posible máis adiante. Pero sería cando a frota xa estea amarrada e os seus tripulantes no paro.

Para lle dar a razón a Boris Jonhson e os defensores do Brexit?.   

Outros artigos

Os ministros de Pesca da UE acordan posibilidades de pesca para 2025

Os ministros de Pesca da Unión Europea (UE) alcanzaron este mércores un acordo unánime sobre as posibilidades de pesca en augas do Atlántico e o Mediterráneo para 2025, segundo informaron o Consello da UE e a Comisión Europea. O pacto, logrado tras dous días de...

+

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...