A Pobra retomou a tradicional procesión das mortallas

19 Setembro 2022

A devoción marcou a xornada deste domingo 18 coa tradicional procesión votiva das mortallas, caracterizada pola participación dos cadaleitos ofrecidos por aquelas persoas que evitaron a morte ou sandaron dalgunha doenza.

As campás da igrexa de Santiago do Deán anunciaron pouco despois das 10.30 horas a saída do Nazareno para percorrer as rúas da Pobra do Caramiñal trala paréntese ocasionada pola pandemia.

Unha multitude de fieis conformaron a comitiva que lle quixo render tributo, coa cor morada e o olor da cera das candeas prendidas como un dos sinais de identidade. O acto contou tamén con acompañamento musical e a asistencia de autoridades coma o alcalde, Xosé Lois Piñeiro.

Ademais, despregouse un amplo operativo co fin de afianzar a seguridade no transcurso deste evento.

Declarada Festa de Interese Turístico Galego, as celebracións do Nazareno chegarán ao seu fin no 19 de setembro co grande espectáculo de fogos artificiais.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.