A Pobra inicia este venres as festas na honra do Nazareno co pregón de Protección Civil

16 Setembro 2022

As festas do Nazareno arrancan na Pobra do Caramiñal este venres 16 de setembro, ás 21.00 horas, co
pregón dende o balcón da casa consistorial. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), anuncian que neste ano decantarase polas persoas voluntarias da
Protección Civil pobrense polo traballo “encomiable e necesario” que realizan dende a fundación do equipo.
Con esta decisión búscase recoñece-lo labor que realizan ao colaborar nos numerosos eventos que organiza a Administración local, na recollida de animais abandonados ou na atención de accidentes e inundacións. O esforzo tamén se intensificou durante a pandemia, co repartimento de alimentos ou a desinfección de espazos, entre outras tarefas que levaron a cabo.
O rexedor fixo fincapé na súa intervención durante os incendios, pois “a súa actuación foi tremenda e se non fose pola agrupación igual teriamos que falar de maiores danos materiais.” Sinalou así que o Concello destina 6.000 euros anuais para a adquisición do material que precisan nos seus
operativos, porque “queremos unha agrupación de voluntariado forte e cada vez mellor preparada e máis dotada para que cumpran con tódolos seus obxectivos.”
A edil apuntou ao simbolismo que terá este pregón, xa que ao longo do confinamento a cidadanía saíu ás fiestras aplaudir ao persoal sanitario, corpos de forzas e seguridade e voluntariado, e agora será o equipo o que saia ao balcón do consistorio para recibir o agradecemento da sociedade dende a rúa.

En cantro á procesión votiva das mortallas percorrerá o núcleo urbano da Pobra do Caramiñal no 18 de setembro. O Concello, prevendo que o evento congregue a multitude de fieis, puxo en marcha un amplo operativo para a prevención de situacións de risco.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.