A Pobra acolle unha andaina de nenos e maiores co gallo do Día Mundial da Alzhéimer

21 Setembro 2022

Máis de 300 persoas de todas as idades participaron este mércores 21 na primeira andaina presencial Os camiños da memoria, promovida polo Centro de Día da Pobra do Caramiñal coa colaboración do Concello.

O desfile estivo integrado por persoas usuarias, familiares das mesmas e profesionais dos Centros de Día da Pobra, Porto do Son e Rois, ademais de alumnado e profesorado do CEP Salustiano Rey Eiras. Tamén contou con representación da Administración local, nesta ocasión, a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG).

Esta acción xurdiu durante a pandemia de maneira online con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora no 21 de setembro, para “dar visibilidade a unha doenza que padecen os nosos maiores”, segundo explica a directora, Fátima Sendón, e traballando esta cuestión dunha maneira máis activa coa rapazada.

O itinerario partiu das inmediacións da instalación pobrense para dirixirse pola rúa Venecia, paseo dos Areos e vías do centro da vila ata chegar aos Xardíns de Valle-Inclán, onde tivo lugar un acto.

Juan Pérez, usuario do centro pobrense, efectuou a lectura dun texto relativo á perda de memoria e á vellez, ao igual que fixeron algúns/algunhas dos/as estudantes do referido centro educativo. A cativada tamén quixo agasallar aos maiores cunha serie de debuxos e intercambiaron experiencias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...