A Mesa do Monte de Dodro busca fórmulas axeitadas para facer rendíbeis e sustentábeis os bosques locais

08 Setembro 2022

O Concello de Dodro organizou este mércores 7 de setembro a Mesa do Monte, xornada de traballo sobre o futuro das actividades forestais e agrarias na que participaron Santiago Barros Maneiro, xefe provincial do Servizo de Montes da Coruña; Daniel Rodríguez Cebreiro, responsábel económico da Asociación Forestal de Galicia; os presidentes das Asociacións de Montes Veciñais en Man Común da Cruz do Avelán + Balouta e Fontecova; un representante do Instituto Galego das Terras Comunitarias e o xefe do Distrito Forestal IV, amais doutros membros de empresas de todo o sector, incluídas as que representan a outros ámbitos distintos ao madeireiro, como son resinas, gandería, micolóxico, etc… Tamén tiveron parte activa os representantes da Comunidade de MVMC de Baroña, no concello do Porto do Son.

A base da xornada foi a necesidade de buscar xeitos sustentábeis e rendíbeis de tirar proveito dos montes de Dodro, con gran potencial como produtores de biomasa. “Ata o de agora case a súa totalidade adícase a corta de madeira, por este motivo dende o Concello organizamos unha mesa de debate sobre as posibilidades de mellora da xestión forestal dos montes locais”, explicaron fontes do Consistorio.

A mesa de debate celebrada no Consistorio foi moderada polo alcalde de Dodro, Xabier Castro Tourís, e participaron nela outros representantes do concello, dos montes veciñais en man común, das asociacións forestais sen ánimo de lucro, do sector empresarial e, representando á Administración autonómica, Santiago Barros Maneiro, xefe provincial do Servizo de Montes da Coruña.

O Concello explicou que existe unha necesidade de xerar riqueza sustentábel no territorio en materia de montes: “Neste municipio os montes que non son xestionados polas comunidades en mancomún están nun estado de abandono importante e precisan de moitas melloras. No momento actual e a falta de finalizar o proceso de concentración parcelaria, as distintas figuras de cooperación entre propietarios (SOFOR, UXFOR, etc.) poden posibilitar unha mellor xestión destes espazos”, engadiron dende o Consistorio.

Para o xefe provincial do Servizo de Montes da Coruña, quedou claro que “hai moi boa disposición para o financiamento dalgunhas actuacións forestais requiridas nos montes”.

Ademais, coa participación da empresa Sinergias Sostenibles Resiforest SL, explicáronse na mesa de traballo as melloras na resinación dos piñeiros e as grandes posibilidades de xeración de emprego e económicas dos nosos montes.

Grazas á participación de Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña, referente a nivel galego na xestión integral dos montes, constatouse que os montes sustentábeis en tódolos sentidos son posíbeis. Nesta comunidade, a madeira pasou a un segundo plano tendo outros aproveitamentos principais como distintos tipos de gando no monte (cabra, cabalo, ovella, vaca), fungos, leñas, abellas, venda de CO2, resina, etc. En conclusión, esta mesa de debate posibilitou un primeiro achegamento entre os representantes de distintos sectores abrindo un abano de posibilidades para os montes de Dodro.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.