A Deputación da Coruña achéganos unha oportunidade para mergullarnos no Reino Medieval de Galicia

19 Setembro 2022

Este luns 19 de setembro comezou finalmente o Congreso sobre o Reino Medieval de Galicia, impulsado pola área de Cultura da Deputación da Coruña e cun formato de catro xornadas. No seu transcurso afondará na historia medieval de Galicia desde diversas perspectivas, podendo seguirse de xeito telemático a través da páxina web do Congreso. No acto de apertura participaron a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, o curador científico do Congreso, Anselmo López Carreira, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Xurxo Couto asegurou durante a súa intervención que “hoxe é un día transcendental na nosa historia, porque este congreso é o primeiro que se celebra sobre a nosa época medieval, esa realidade que a pesar do seu esplendor e das evidencias históricas de todo tipo, foi sistematicamente relegada e negada pola historiografía oficial e directamente ocultada nos materiais educativos e divulgativos”. Neste sentido, deputado afirmou que “chegou o momento de poñer fin á ocultación do Reino de Galicia”-

Pola súa banda, Anselmo López Carreira comezou a súa intervención facendo referencia a que “hoxe cúmprense 911 anos e 2 días da coroación de Alfonso VII, aínda infante, por parte do bispo Xelmírez e da que temos cumprida información na Historia Compostelá, e con este aniversario quixemos facer coincidir este Congreso”. Comezou o seu relatorio inaugural amosando a descrición da cerimonia na que se dá conta da imposición da espada, do cetro e da diadema de ouro ao novo rei na Catedral de Santiago, a posterior misa solemne e o convite rexio co que remata; para pasar a facer un percorrido sobre os reis e avatares que o sucederon durante todo o período medieval. Mentres, Concha Losada, ademais de agradecer a escolla do Museo do Pobo Galego como sede do simposio, vinculou a temática que se aborda cunha nova liña de traballo que está a desenvolver a institución museística e que consiste na posta en marcha de novas salas de exposición dedicadas especificamente á historia de Galiza.

Tras a xornada inaugural, o primeiro dos relatorios versou sobre Historiografía catalana versus historiografía española: un exemplo historiográfico alternativo, a cargo de Jaume Sobrequés da Universidade Autónoma de Barcelona; seguido das intervencións de Simon Doubleday da Universidade Hofstra de Nova York sobre Historia de dúas fronteiras. Algunhas reflexións sobre as relacións con Al-Ándalus durante o reinado de Fernando I e Sancha de Galicia-León; e de Pablo Díaz Martínez da Universidade de Salamanca sobre Fontes e historigrafía do reino suevo. Unha relectura. Cada relatorio vai seguido dun coloquio moderado pola xornalista Charo Lopes.

Todas as sesións están a ser retransmitidas ao vivo desde a páxina web www.reinomedievaldegalicia.gal, que centra nunha pantalla única as diferentes relatorías, as proxeccións e a interpretación para as persoas xordas.

Transmisión por internet do congreso: www.reinomedievaldegalicia.gal

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...