“A Capela da Virxe do Carme, séculos antes de santo Antón Abade, instituida no templo de Santiago da Pobra do Deán, e IV”. Antonio González Millán

20 Setembro 2022

DISJECTA MEMBRA
Observamos que, en datas recentes, era retirada da súa localización neste retablo a imaxe da Virxe Peregrina (1787), talla delicadamente policromada do escultor e pintor Cosme de Núñez, para ser posta de relevo no presbiterio da igrexa a carón doutra do Apóstolo Santiago peregrino. Foi contratada pola antiga confraría desta devoción, fundada no ano de 1785, para servir ao seu culto no santuario erixido xunto ao vello camiño real. Suprimido aquel en 1823, decídese trasladala ao interior do templo parroquial por mandato de visita pastoral. De aí a súa reutilización neste retablo de
1895.

Aínda seguen no altar outras dúas imaxes, estas de bastidor e nas que prima un gusto popular, rexistradas polo Inventario de 1895 como «Santa Lucía, de vestido» e «la Purísima Concepción, tamaño regular, ídem.», sobre a mesa. Unha análise detida e mellor documentada desta última, agora no ático substituíndo á escultura da Peregrina obxecto de mudanza, autorízanos para advertir do erro da súa suposta identidade, pois a figura correspondeu primitivamente ao título de Virxe das Neves, culto
trasladado á igrexa no ano de 1807. Sucede que, en termos desta freguesía e inmediata á capela da Virxe do Monte existiu una ermida de N sa . S ra . das Neves, á que pertenceu a devandita imaxe. Fundada por Gonzalo Álvarez de Romay, o vello, en 1627, e concluída por Juan Álvarez de Romay, o seu fillo, sería bendicida o 4 de decembro de 1633. No ano 1751 mandouse trasladar desde o templo parroquial a ela
un antigo retablo de San Xoán para poñer nel a imaxe titular da ermida. Extinta aquela no indicado 1807, as misas da súa devoción celebráronse aquí ata 1832.
Circunstancia que favoreceu a súa preservación, aínda que perdido o Meniño que portaría nos brazos, alterada por repintes de pouco gusto e desprovista das galas do vestiario barroco e cor orixinal.

Imaxe Virxen Peregrina. Barroco, 1787
Foto: Abelardo Soler Torrente (ABSO)

Antes de concluír anotaremos que o programa iconográfico do conxunto en estudo quedaría incompleto se non descubriramos que no colateral da Epístola, desde 1832, se situába outro retablo, feito xa en estilo Neoclásico, pero con idéntica estrutura e distribución de imaxes a este do Carme. Mobiliario litúrxico que foi fatalmente desmantelado sendo cura párroco don Serafín Rivera Verdes (1941-1957). Rexistrado
nas páxinas do Inventario de 1895 do que nos valemos como fonte de información, foi descrito así: «El altar de San José, que tiene en su camarín la imagen del Santo Patriarca José, y otra, tamaño pequeño, del Niño Jesús; ambas de bulto; y en la parte superior la de la SS ma . Virgen del Rosario con el Divino Niño en brazos». Máis disjecta membra. Onde foron a parar estas imaxes de talla? A cantidade de matices
marabillosos que permite a investigación histórica dun ben de interese cultural.

1A Capela da Virxe do Carme, séculos antes de santo Antón Abade, instituida no templo de Santiago da Pobra do Deán I”. Antonio González Millán

2- “A Capela da Virxe do Carme, séculos antes de santo Antón Abade, instituida no templo de Santiago da Pobra do Deán II”. Antonio González Millán

3- https://obarbanza.gal/2022/09/a-capela-da-virxe-do-carme-seculos-antes-de-santo-anton-abade-instituida-no-templo-de-santiago-da-pobra-do-dean-iii-antonio-gonzalez-millan/

Outros artigos

De que falarán?. Luís Celeiro

Non se entende nada. En nome da transparencia non din nada, entrementres teñen ao mundo áexpectativa. E, eles, os actores principais, interpretan o que aconteceu e acontece, o falado e o quese fala, á súa conveniencia. Fixeron o guión, ensaiaron mil veces, actuaron,...

+

“Conservadores e progresistas” – José Manuel Pena

Sen ningunha dúbida os anos ofrecen moito experiencia sobre a vida. Algúns continuamos aprendendo e avanzando intelectualmente, outros se estancan e agárranse aos vellos preceptos e costumes. Así nos atopamos co que está a pasar política e socialmente nalgúns países...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

Estas tardes quedas e frías de inverno son a oportunidade para atallar propósitos que, tempo atrás, e noutras circunstancias, non poderíamos atender. Chove quedo afora. Manan as beizóns da auga do ceo entre parques arborizados e poemas labrados nas pedras da...

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

Eterno dilema. ¿El fin justifica los medios, si o no? Mi opinión, todo depende del resultado final. Asesino es quien mata a otro. Pero como siempre hay salvedades, si yo matase a quien tú piensas, y puedes pensar en plural, no seria asesino, sino salvador de muchas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.