A Aula CeMIT de Boiro programa charlas sobre trámites electrónicos neste setembro

13 Setembro 2022

A Aula CeMIT de Boiro programa charlas sobre trámites electrónicos neste setembro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro vai desenvolver durante o mes de setembro novas actividades para facilitar o pleno acceso da cidadanía ás ferramentas tecnolóxicas, poñendo o foco nos recursos que lles axuden a interactuar coas administracións. Por este motivo, celebraranse charlas formativas sobre trámites electrónicos. As xornadas vanse desenvolver os días 20 e 27 de setembro e as inscricións poden facerse xa no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou o móbil 629 769 139.

O martes 20 de setembro, en horario de 18.00 a 20.00 horas, vaise impartir a charla sobre A sede electrónica da Xunta de Galicia e o martes 27 de setembro no mesmo horario a charla sobre Trámites tributarios.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.