A ABE móstranos nunha xornada como converter a nosa contorna laboral en fonte de saúde

06 Setembro 2022

O 22 de setembro a sede da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vai acoller unha nova xornada sobre como converter o noso traballo nunha fonte de saúde física e mental. Na xornada Fomento do hábito da vida saudable na contorna laboral mostrarase cales son os beneficios de promover a calidade de vida na empresa e as cousas que podemos facer para mellorar o estilo de vida das traballadoras e traballadores, o clima laboral e a imaxe que se proxecta ao exterior. A xornada celebrarase na sede da ABE en horario de 19:00 a 22:00 horas. Podemos reservar a nosa praza en www.apegalicia.gal. Organiza APE Galicia en colaboración coa ABE e con financiamento da Xunta.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.