A ABE dá a coñecer aos gañadores da campaña Enchemos o teu depósito

26 Setembro 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) compartiu os nomes das persoas gañadoras da campaña Enchemos o teu depósito, desenvolvida entre o 5 e o 26 de setembro e organizada pola patronal boirense co obxectivo de recoñecer o compromiso da cidadanía co comercio local e premiar este compromiso con recursos que mitiguen a escalada de prezos do combustíbel. Este luns 26 de setembro a sede da entidade acolleu o sorteo entre os 1.447 tíckets rexistrados en www.abe.gal durante as datas indicadas dos 10 premios de 100 € en gasolina + un lavado premium que as persoas gañadoras poderán trocar na Estación de Servizo Garlou de Boiro.

A ABE contactará coas persoas premiadas e a entrega dos premios realizarase o vindeiro martes 4 de outubro.

Estes son os premiados do sorteo e o establecemento onde se deu o premio:

Modatin – Juana

Carniceria Moncho Boga – Mercedes Vieites

Cervecería Botavara Boiro – Loreto Riveiro

Lisvaz- Beatriz Romay

Panadería La Espiga – Teresa Fidalgo

Sargadelos – Esther Fernández Souto

Taxi 5 Boiro – Sandra Fernández Alcalde

Carnicería JM Boga Abanqueiro – Chus Gómez Fernández

Claudio Cabo de Cruz – Paula Muíños Cortes

Electrodomésticos Otero -Isabel Garcí­a Vázquez

A ABE quixo valorar positivamente os resultados da campaña, a través da cal acadouse “un altísimo número de rexistros na liña da campaña de verán con preto de 500 rexistros semanais de mais de 60 establecementos diferentes”, salientaron fontes da patronal, engadindo que a iniciativa contou coa colaboración de Estación de Servicio Garlou e o Concello de Boiro e con financiamento da Xunta.

Outros artigos

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.