Xosé Lois Piñeiro e Amparo Cerecedo reciben á nena saharauí acollida na Pobra ao abeiro de Vacacións en Paz

31 Agosto 2022

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), recibiron este 31 de agosto á nena saharauí que pola primeira vez pasa o verán na localidade ao abeiro do programa Vacacións en Paz, que organiza a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí en colaboración coa Administración local pobrense mediante un convenio. Procedente dos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf (Alxeria), Asma, de 8 anos, comezou a súa estadía temporal no municipio a mediados de xullo e concluirá a inicios de setembro.

A edil explicou que o dito programa ten dous obxectivos fundamentais: a vertente humanitaria coas familias acolledoras que facilitan asistencia médica, alimentación saudábel e equilibrada, ofertan alternativas de ocio e tempo libre e contribúen a perfeccionar a aprendizaxe da lingua galega e castelá, entre outras cuestións; ademais da dimensión política, pois “estes nenos son embaixadores da causa saharauí. Veñen aquí de vacacións porque non o poden facer no seu país, o Sáhara, porque está ocupado por Marrocos”, matizou. Cerecedo quixo tamén trasladar o apoio ao Goberno saharauí e á Fronte Polisario.

Pola súa parte, o rexedor puxo en valor este tipo de accións que “contribúen á resolución da problemática existente nesta rexión do norte de África”. E engadiu: “As persoas que temos capacidade de decisión nesta sociedade poidamos loitar para que algún día poidan vir simplemente de vacacións e sen ese apelativo de en paz”.

Quixeron tamén agradecer a implicación da familia acolledora e animaron a que máis persoas participen nesta iniciativa en futuras convocatorias. Deseguido entregaron a Asma varios presentes por parte do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.