250 hectáreas arderon xa no incendio forestal en Boiro

Grupo Lumes do Barbanza

Un incendio declarado activo desde a tarde deste xoves en Boiro leva arrasadas unhas 250 hectáreas, segundo as últimas estimacións da Consellería do Medio Rural.

Este lume comezou ás 16,12 horas na parroquia de Cures e, aínda que inicialmente falábase de dúas hectáreas, sobre as 18,45 horas o perfil de Twitter que emprega a Xunta para informar sobre os incendios xa estimaba que ía polas 20.
Nas tarefas de extinción interveñen xunto ós efectivos terrestres dous hidroavións.

Grupo Lumes do Barbanza