En Carreira unha muller e dous menores trasladados ao centro médico de Ribeira tras rexistrarse un incendio na súa vivenda

17 Agosto 2022
remitido

A muller e os seus fillos foron rescatados polo dono da vivenda, pai dos menores, ata a azotea da casa, coa axuda dunha escada para, posteriormente, ser evacuados polos profesionais sanitarios ao centro médico da localidade.

Segundo informaron os Bombeiros de Ribeira ao 112 Galicia, os afectados, tras a valoración dos sanitarios, puideron volver á súa casa.

Foi a mesma muller afectada, quen, dez minutos antes das doce da pasada noite, pediu axuda ao 112 Galicia. Indicaba que lle ardía a casa, que tiña un bebé e que non podía saír por mor do fume que había acumulado,  no lugar da Mamoa, en Carreira, na localidade de Ribeira.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron decontado os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Ribeira. Tamén informaron aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Policía Nacional, Local e aos efectivos do Grupo de Emerxencias Municipal.  

Unha vez no lugar, tras controlar as lapas e dar por finalizada a extinción, os Bombeiros procederon coas tarefas de ventilación. Indicaron que ardeu a planta baixa da casa, o resto do inmoble resultou moi afectado polo fume.  

Polo momento, descoñécense as causas da orixe do lume.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.