Trofeo Presidente Xunta de Galicia. Raygras III revoluciona o Mar de Finisterre e levase a xeral do trofeo Pitusa Sabín

J.C.- Era unha noticia que corría como a pólvora en canto o responsable dos resultados do VIII Trofeo Pitusa
Sabín, Sergio do Río, publicada na Web da Real Federación Galega de Vela, no programa Escora, os resultados desta XXXIV Regata Mar de #Finisterre, que foi puntuable para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia, para o Campionato de España de Cruceiros e para a Copa Galicia de Clubs, e é que no discreto das súas formas pero na calidade da súa brillante actuación, o veleiro de Tom Núñez, o Raygrass III, representante do Club Marítimo Carrumeiro, facíase non só coa xeral da súa clase Cruceiro/Regata, senón que tamén gañaba, de maneira contundente, a Mar de #Finisterre, con tres puntos de vantaxe sobre o segundo, que era o dono e señor da clase Regata, o Mirfak, de Diego López, da Armada Española. Terceiro, neste cómputo especial, foi o Urbapaz, de Fran Edreira, do Club Náutico de Cabanas.
De forma descritiva e a modo de epílogo, esta edición da Mar de #Finisterre foi das que deixan pouso, facendo escola para todos os que a navegaron, con 40 unidades nas súas tres Divisións e con dúas
xornadas e tres probas validadas, a contempladas no anuncio da regata, unha costeira ata a Enseada de #Finisterre o sábado, e dous bastóns ao vento, na de hoxe domingo.
Vento dominante do suroeste, no 250, virando 10 graos á esquerda na segunda manga, e 10 nós de intensidade de media.
Comezo practicamente puntual, por encima das 12 do mediodía, con saída inicial á clase de promoción dos Open, que facían un trazado costeiro de 10 millas, e a continuación os ORC.

Gran xornada para o Mirfak, de Diego López, da Comisión Naval de Regatas de Ferrol da Armada Española, que superaba ao, ata o día de hoxe, líder dos Regata, o Siradella, de Francisco Gude e César
Álvarez, do Real de Portosín, que finalizaba terceiro, meténdose polo medio o Urbapaz, de Fran Edreira, de Cabanas.
Nos Cruceiro/Regata gran día para o Raygrass III, de Tom Núñez, do Marítimo Carrumeiro, que facía dous primeiros, con gran xesta de apromo e valentía, sendo segundo o Meltemi, de Guillermos Blanco, do
Náutico de Coruña, que lle cedía o mando na xeral da #Finisterre.
Pechaba o podio un barco local de Portosín, o Virginiano, de Juan Concheiro, que baixaba un posto, do prata ao bronce, obtido na xornada do sábado.
Nos Open, triunfo do Monte Ulía, de Eduardo Arán, seguido polo Albatros, de Javier Arán, pechando filas o Atlante, de Ignacio Hermo, os tres de Portosín.
Animada entrega de premios, con presenza dos patrocinadores Pitusa Sabín e Jacinto Hernández, correspondendo a presidencia da mesma ao Alcalde Porto do Son, Luís Oujo; o presidente do club anfitrión, Jorge Arán, o Xefe do Servizo de Salvamento de #Finisterre, Manuel Capeáns; o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Portosín, Isaac Gaciño; e os directivos do club Pepa Castro, Fernando González e José García, reforzados coa presenza dos concelleiros Juan Pouso e Manuel Deán.