“SOS polo bosque dos Túneles e da Garita” – Andrés Fariña

18 Agosto 2022

Interésame todo aquilo que poña na axenda política a conservación da natureza e en particular a conservación dos piñeirais comprendidos entre A Garita e Os Túneles, e por iso lin con moito interese o bo artigo de Álvaro Sevilla en La Voz. E empezarei polo final onde se denuncia que os residentes de Martín e Os Paramos piden ás forzas de seguridade que actúen para frear a presenza de politoxicómanos que veñen picarse e enchen a zona de lixo e xiringas.

De sempre sabemos os que frecuentamos A Garita, os mesmos para os que, durante décadas, era un dos lugares de xogos predilecto, que o lixo e a deterioración da zona ten causas mais variadas. Se alguén é responsable da degradación da zona é a talla a matarrasa dos piñeirais centenarios do lugar que se está realizando sen ningún criterio forestal (help SEPRONA), co único interese económico extractivo, propio dos tempos que corren, e en contra de criterios ambientais. Desaparecen especies de flora e fauna, aumenta a erosión do chan, cambia o microclima, arruínase a paisaxe e a poboación veciña perde calidade de vida Imaxínense por un momento o que sería da cidade de Santiago de Compostela se todos os propietarios de casas da zona histórica decidiran dar ás súas casas a un construtor a cambio dun piso. Pero todos sabemos e aceptamos por lei que eses edificios de singular arquitectura conforman o patrimonio histórico, como ben público de obrigada conservación, no que o seu goce e valor histórico pertence á comunidade como mostra do noso pasado. E por iso hoxe, todos os que non temos piñeirais, e os que si teñen piñeirais, paseamos orgullosos polas rúas de Compostela. Pero, tristemente, xa non podemos facer o mesmo polos camiños da Garita. As tallas a matarrasa dos piñeiros centenarios que había entre os Túneles e A Garita hoxe estarán convertidos en taboleiros de aglomerado. Esta é a verdadeira causa da perda de atractivo que está a sufrir a contorna dos Túneles. A beleza e atractivo dos Túneles e A Garita, que foron durante décadas un dos lugares de xogos predilecto dos rapaces da zona, está principalmente agredido pola falta dunha política de conservación que debería aplicar o Concello instando á Xunta a que protexa esta contorna. Integrando o deporte, que concentra A Fieiteira, e a natureza, que conforma o bosque que o rodea. Destacar o rico xacemento de pedras e rocas con formas zoomorfas de gran atractivo paisaxista.

E non me esquezo dos supostos gastos de conservación do monte que sempre esgrimen os sufridos propietarios. Pactos pola paisaxe e Acordos en materia de paisaxe (O Decreto 96/2020, do 29 de maio) on instrumentos de concentración entre as administracións públicas e outros axentes económicos e sociais dun determinado territorio que, de maneira voluntaria, desexen promover accións de protección e mellora das paisaxes e da calidade de vida da cidadanía no marco do desenvolvemento sostible. A lexislación ten figuras suficientes para protexer o medio e preservar a titularidade dos seus propietarios. Só se necesíta vontade política.

O investimento necesario sería un diñeiro asumido e moi ben aplicado polo orzamento municipal, acorde con compromisos electorais. Sieconvertemos un pedregal en parque temático, con dolmen e pallozas, con máis razón tería que realizarse a conservación deste lugar espléndido situado entre Martín, Os Páramos, o miradoiro da Garita e Os Túneles que foron, durante décadas, un dos lugares de xogos preferido da rapazada de Ribeira e a súa contorna e hoxe, practicamente esquecidos polos veciños.

No libro O señor dos aneis o pequeno hobbit Merry pídelle a Bárbol, a árbore que fala, que lles axude a loitar contra os orcos.

Bárbol respóndelle, “Árbore? Non son árbore, son un ent. Son un pastor do bosque”

“Bárbol chámanme algúns”.

Pippin: “E de que lado estás?”

Bárbol: “Lado? Non estou ao lado de ninguén, porque ninguén está do meu lado, pequeno orco. A ninguén preocupan xa os bosques. Moitas destas árbores eran amigas miñas, criaturas que coñecía como a cortiza do meu tronco”.

Merry: “Síntoo, Bárbol”.

Bárbol: “Cada unha tiña a súa voz. Saruman, un mago debería saber o que fai”.

“Non hai termo en élfico, lingua Ent ou dos Homes, para describir este horror”.

Pippin: “Mira, as árbores, móvense!”

Merry: “Onde irán?”

Bárbol: “A saldar contas cos orcos. E eu vereimas con Isengard esta noite, a roca e pedra”.

Bárbol: “Vide amigos. Os ents irán á guerra, aínda que iso signifique o noso final. A última marcha dosents”.

Precioso dialogo onde as árbores, arrepiados pola destrución do bosque por parte de Saruman toman postura a favor da xente boa e destrúen a torre de Isengard.

Un caso de degradación ambiental sobre as dunas de Olveira. Os ecoloxistas conseguiron sensibilizar ás Administracións e no ano 1987 decretouse a paralización da actividade extractiva. Toda a contorna da gran duna pasou a ser cualificada como zona de protección especial nas normas provinciais de plan. Chegouse mesmo a organizar unha cadea humana para escribir sobre a gran duna a palabra SOS.

Hoxe non sei si será mais fácil que as propias árbores, como no libro, defendan elas soas o seu bosque, a que a xente boa proclame un SOS pola contorna dos Túneles.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.