Seleccionados os tres proxectos que formarán parte do programa de residencias artíticas de Boiro

01 Agosto 2022

O pasado xoves reuniuse o xurado encargado de seleccionar os tres proxectos que van formar parte do proxecto Residentes: residencias artísticas de Boiro 2022, impulsado dende a galería La Doce e o Concello de Boiro. O xurado, composto polo xornalista, comisario e responsábel da sección de arte de ABC Cultural, Javier Díaz-Guardiola; a crítica e escritora de arte, María Von Touceda; o comisario e director de Outono Fotográfico e Premio Galicia de Fotografía, Víctor Nieves; a concelleira de Cultura, María Outeiral; e a mestra e coordinadores de La Doce, María Magán; seleccionaron 3 traballos e outros 3 suplentes entre os 60 proxectos presentados a esta convocatoria.

Presentación do proxecto Residentes de Boiro

Os proxectos seleccionados son Sin Lume, Negro noche de Clara Álvarez, Xa se lle nota aos días de Sol Álvarez e Conserva de Deebo Barreiro.

A residencia artística vai constar dunha vivenda no centro de Boiro, acceso ao obradoiro da galería La Doce e unha axuda á produción de 1.000 euros para cada un dos artistas residentes.

Ao longo do mes de setembro desenvolverase varias actividades, obradoiros e encontros en colaboración cos artistas seleccionados e, no mes de outubro, terá lugar unha exposición dos traballos realizados durante este mes de convivencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.