Ribeira activa a convocatoria de formación dunha bolsa de emprego para o nomeamento dun arquitecto interino

30 Agosto 2022

Tal e como aparece publicado no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, o Concello de Ribeira vén de lanzar unha convocatoria para o nomeamento dun funcionario interino na categoría de arquitecto.
As persoas interesadas dispoñen de 10 días hábiles para presentar a correspondente instancia, contados a partir de mañá.
A convocatoria ten por obxecto regular a formación dunha bolsa de emprego no Concello de Ribeira coa finalidade de dotar ó mesmo dunha bolsa de traballo que permita atender presentes e futuras
necesidades desta Administración local mediante o nomeamento de funcionarios/as interinos/as da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Clase Técnicos Superiores, grupo A, subgrupo
A1, na categoría profesional de Arquitecto/a, nivel 25, en calquera das modalidades previstas no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei
do Estatuto Básico do Empregado Público.
A bolsa resultante deste proceso selectivo terá unha vixencia máxima de 5 anos.
As bases e o modelo de instancia están aloxados na páxina web do Concello www.ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.