Rianxo celebra a XI Festa do mexillón

07 Agosto 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, asistiu hoxe á celebración da XI Festa do Mexillón de Rianxo, unha cita
gastronómica organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo da localidade, en colaboración co Concello, que ten como obxectivo promocionar este exquisito produto das rías galegas e recadar fondos para o club.
De feito, este molusco constitúe o máximo expoñente da acuicultura na comunidade galega, ao supoñer máis do 95% do volume produción total. Así, o mexillón da ría de Arousa ten un gran protagonismo xa que a súa produción nesta zona supuxo arredor do 65% das 251.000 toneladas descargadas en Galicia e a súa facturación máis do 60% da cifra global recadada (140 millóns de euros).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...